09/05/2026
💪🏻❤️“Afouteza é corazón”
Non é só un lema de fútbol⚽, é un xeito de vivir.
Afouteza é a valentía de seguir adiante sen medo, a seguridade en ti mesma, a coraxe sen arrogancia.
Quen o levará é unha muller leonesa de nacemento pero viguesa de adopción que aplica ese lema á súa vida enfrontándoa sen medos.
🎁 Foi un encargo feito pola súa irmá para agasallala no seu aniversario🎂 e que eu fixen con moito agarimo. 💙