08/05/2026
A Raquel de finais de 2019 xamáis se imaxinaría que o programa que acababan de ofrecerlle e que ía "para uns tres meses" se convertiría no magazine das tardes máis lonxevo da 📺.
Tampouco podería crer que, ao longo destes case seis anos e medio que pasamos xuntos, retransmitiría en directo unha pandemia, percorrería Galicia de punta a punta para contar o que estaba a pasar, daría malas e boas novas, acompañaría a aqueles que pasaban polos seus piores momentos e brindaría con aqueles outros que atopaban en nós un apoio fóra e dentro da pantalla.
❤️🩹 O permitiume amar cada rincón da nosa xeografía, valorar os antigos oficios, respectar aínda máis os que se manteñen a base de loita e esforzo e que fan da nosa unha terra única; pero sobre todo ensinoume a amar ás súas xentes, a todos aqueles que nos abriron a porta das súas casas e das súas vidas e que levarán por sempre un cachiño do meu corazón con cada un deles. A Emilio, o patrón maior máis resolutivo de toda Galicia e ao que xamáis lle falta un sorriso; a Roberto, percebeiro incansable; a María José, voceira de tantas vítimas (a túa bondade e xentileza é inmensa); a Carlos, o mellor responsable de prensa da sanidade de todo un país; a Nélida, cos seus máis de 80 anos e a forza dun ciclón; a Ovidio, non hai cousa que non se che ocorra e sempre cunha mau tendida; a toda a miña xentiña de Cobres, nunca un Entroido tivo mellor organización; a Marta, follateira que case me fai cambiar de bando;...fáltanme mil nomes e aínda así seguro que me quedaría algún no tinteiro...Simplemente grazas por facer o noso traballo un pouquiño máis sinxelo.
No persoal, este programa viume casar e ser nai por partida dobre, crecín con el e el comigo e para aqueles que traballamos no audiovisual é ben sabido que conseguir algo así non che é nada sinxelo... así que a miña eterna gratitude tamén por iso.
E é imposible rematar sen lembrar o gran agasallo que me fixo este programa, o melloriño do son, por suposto, os compañeiros. Grazas por estar aonmeu carón incontables horas e quilómetros, por aguantar as miñas tolemias, os meus enfados e as miñas bágoas, porque con vós todo é máis bonito🫂