Bicoca Moda Home

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Bicoca Moda Home Tenda multimarca Dispoñemos de tarxetas de aparcamento para os nosos clientes.

13/10/2026

Un intenta manter a compostura e a elegancia na xastrería, pero con esta xente é imposible non botar unhas risas. Entre o xeito no que me colgan os pantalóns na percha e os axustes de última hora, así non hai quen traballe en serio!
Iso si, o home vai quedar ben xeitoso e elegante para a ocasión. ✂️✨ ¿Vós tamén tedes alguén preto que non sabe colocar un pantalón nin de casualidade?

12/10/2026

A quen lle parece "normal" mercar un traxe, arranxalo, usalo de festa e devolvelo lavado? 🤷‍♂️
Pois a Cayetana, que nos deixou un comentario en tik tok, no que nos deixa claro que por non permitir eso, estamos destinados a desaparecer
Cando o anormal se quere vender como o habitual, hai que dicir as cousas polo seu nome. A un autónomo non só lle estás quitando o froito de traballar máis de 8 horas diarias... estáslle roubando o tempo ca súa xente.
Revisa a túa escala de valores, porque estás no lado errado da historia. ☕💼
¿Vós de que lado estades? Déixamolo nos comentarios 👇

11/10/2026

Ai, Manolito, que vellos imos... 
Onde quedaron aqueles marabillosos anos 80 e as tardes de EGB no Colexio Castelao? Que será daquel trío das Carmens: Carmen Mosquera, Carmen Fernández e Carmen Abraira? Eramos só uns nenos, Manolito... Éramos uns cativos cheos de soños.
Canto me alegro de verte e poder botar estas risas xuntos! Por moitos anos máis facéndonos vellos e compartindo lembranzas. E perdoa a este pobre comediante a retranca e as bromas, que ti xa sabes de sobra de que pé coxeo... 




10/10/2026

Ver como os nosos clientes desfrutan así dos seus grandes momentos non ten prezo! 
Mandáronnos esta mensaxe chea de estilo e boa enerxía desde unha voda en Algorta, e nós só podemos dicir: GRAZAS de corazón por contar connosco e facernos parte dos vosos días máis felices. 
Que a festa continúe e que viva o amor! 👔🎉🍾

09/10/2026

Cánsome de avisalos, pero non hai maneira:
vense co traxe de noivo posto pero non ven o perigo! 😅
Outro valente que marcha directo para o matadoiro (desta volta cara a Viveiro). Eu intento abrirlles os ollos, pero claro... tampouco podo ser moi duro. Ao final só lle podo desexar unha cousa: amigo, por mal que che saia, ¡que che saia coma a min! Que despois de todo, nin tan mal se está... 😉🥂
Moitas grazas pola confianza e que sexades moi felices!

08/10/2026

Primeiro botámola fóra da tenda para que non vise o traxe antes de tempo e andou axexando desde fóra a ver se pillaba algo… 🕵️‍♀️😂
Pero o mellor foi ao achegarse ao mostrador: vén con toda a boa intención e di: «Se fai falta axudar…». E nós pensando: «Ai que ben, ven soltar a pasta!» 💸…
Pois non! Aclarou ao momento: «A axudar a levar os traxes, que de pagar cada un o seu!» 🤣🤣👏
Momentazos que nos deixan as nosas familias de noivos! ❤️🤵

07/10/2026

Veu desde Lalín a buscar o traxe de noivo con só 22 anos… se aínda lle cheira o carné de conducir a novo! 
E diredes vós: «E por que non lle dixeches que non case?». Pois porque esta vez véxoo de marabilla: os erros nesta vida hai que comételos canto antes, que así aínda dá tempo a volver comételos! 
Que viva o noivo valente! 🥂

06/10/2026

Din por aí que Betanzos é escuro, feo e que a tortilla non vale nada… Claramente quen di iso nunca paseou polas súas prazas a plena luz do día nin probou unha tortilla de verdade ben melosa. Ás veces cómpre volver de día, sereno e mirar as cousas como son. 
E falando de mirar e valorar: queremos facer un recoñecemento especial ó traballo de Champimuros nas redes. Un creador que sempre mostrou a nosa realidade con humor e cercanía, e que tristemente tivo que dar un paso ó lado polo acoso que sufriron el e a súa familia. Crear contido non debería ter este prezo. Grazas polo teu labor, . Todo o noso apoio. 🤍
Betanzos e a nosa xente valóranse de fronte e con respecto. Vós que opinades? Déixao nos comentarios. 👇

TurismoGalicia

05/10/2026

Hoxe tocaba unboxing de devolución online e a sorpresa foi boa: devolveron un tenis só! 👟😅 
Pero o mellor vén agora… A vos parécevos normal devolver un tenis só? Pois claro que si, porque non puido devolver os dous xa que eu só lle mandei un! 
Efectivamente, esta vez a culpa foi miña ao 100%. Se o que non me pase a min, non lle pasa a ninguén… 
Pasouche algunha vez algo semellante cun pedido na rede? Cóntamo abaixo nos comentarios! 👇😂

Dirección

Avenida De Castilla 4
Betanzos
15300

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00
16:00 - 21:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Bicoca Moda Home publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Bicoca Moda Home:

Atajos

Compartir