Baldani Concept Store

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Baldani Concept Store Concept Store Tienda Multimarca: Outdoor, Streetwear, Workwear, Jeanswear & Footwear. Independent c Independent contemporary shop. Since 2001 baldani.es

18/10/2026

Que pasa tríquilis! 👟

Primeiro drop de KEEN Jasper da tempada en Baldani!

Novas cores, opcións para chico e chica e ese deseño tan característico da Jasper, coa cordonaxe chegando case ata a punteira.

E tamén temos versións cun punto máis técnico, máis agarre e preparadas para darlle trote.

Se nunca probastes unhas Jasper, avisados quedades: son comodísimas 😌

Xa dispoñibles en Baldani e na nosa web!!

13/10/2026

Que pasa tríquilis! 🌈

Se o outono vén gris, Cotopaxi xa se encarga de poñerlle cor.

Chega a Baldani a colección Del Día, feita con materiais reaproveitados e con combinacións de cores diferentes, así que cada peza ten o seu propio rollo.

Bandoleiras, mochilas e accesorios para quen prefire que o práctico non sexa aburrido 🎒

Xa dispoñibles en Baldani e na nosa web!

09/10/2026

Que pasa tríquilis! 🥾

Chegou o cargamento de Blundstone para este outono a Baldani.

Temos de volta algúns dos modelos máis vendidos, novas cores como Teak ou Rustic Black e tamén opcións impermeables para cando o tempo empece a facer das súas 🌧️

Botas cómodas, resistentes e desas que canto máis as usas, mellor quedan.

Xa dispoñibles na tenda e na nosa web!!!

06/10/2026

Que pasa tríquilis! 🍂

Novo drop de ese O ese para chica en Baldani, e vén ben completo!

Punto, camisas, vestidos, saias, chaquetas… pezas cómodas, fáciles de combinar e con ese punto máis arranxado para cando apetece saír un pouco do básico.

Das coleccións nas que empezas mirando unha cousa e acabas montando o look enteiro 😌

Xa dispoñible en Baldani e na nosa web!

04/10/2026

Que pasa tríquilis! 🏕️

O gear de Snow Peak é outro mundo! Está cheo de cousas guapas guapas 🫨
Cuncas, vasos, cubertos e accesorios deses que vas querer levar contigo 😌

Deseño sinxelo, práctico e moi Snow Peak para unha escapada, un día fóra ou para usalo na casa porque si.

No vídeo Dani ensínavos algunhas das cousiñas que temos agora mesmo en Baldani.

29/09/2026

Que pasa tríquilis! 🍂

Xa temos por aquí o primeiro drop de outono de Deus Ex Machina.

Camisetas, sudadeiras, chaquetas e novas cores para ir entrando pouco a pouco na nova tempada, pero mantendo ese rollo tan recoñecible da marca.

Hai cousiñas máis discretas e outras que veñen para ser as protagonistas 👀

Xa dispoñible en Baldani e na nosa web.

27/09/2026

Que pasa tríquilis! 👔

Tes un evento e non che apetece ir de traxe? Tranquilo! Hai opcións máis alá diso😌

Un pantalón cun bo corte, unha chaqueta que sente ben, un denim ben combinado ou incluso unha gravata cun punto máis informal poden cumplir perfectamente.

A clave está en xuntar ben as pezas e atopar ese punto entre ir arranxado e seguir sendo ti.

No vídeo deixámosvos varias ideas para conseguilo, a ver se che gustan 😉

22/09/2026

Que pasa tríquilis! 🎹

Temos nova colaboración en Baldani e esta fainos especial ilusión!!

Desde agora podedes atopar aquí as camisetas de PianoTelling, con tallas tanto para peques como para maiores 👕✨

Así que xa sabedes, se queredes facervos cunha delas e apoiar este proxecto tan guapo, pasade por Baldani.

Elsa, encantados de ter un anaquiño de PianoTelling por aquí! 🫶

21/09/2026

Que pasa tríquilis! 😉

Chegan novidades de Wrangler para chica a Baldani, e esta vez veñen con catro fits ben diferentes.

Tiro alto, perna recta, cortes máis anchos, acampanados… porque atopar un vaqueiro que sente ben tamén vai de dar co corte axeitado!

Xa dispoñibles en Baldani e na nosa web!

Dirección

PABLO IGLESIAS 10
Boiro

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 13:30
16:30 - 20:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Baldani Concept Store publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Baldani Concept Store:

Atajos

Compartir

Categoría