11/07/2026
💙 203 KM POR ASFEGA. CADA QUILÓMETRO CONTA.
Dani e Iago afrontan un reto extraordinario: percorrer os 203 quilómetros do Camiño dos Faros, de Malpica a Fisterra, sen parar, para dar visibilidade e recadar fondos para ASFEGA, a Asociación Fenilcetonúrica e OTM de Galicia.
Detrás de cada quilómetro hai familias que conviven con enfermidades metabólicas raras e que precisan apoio, orientación, alimentación especial e unha comunidade que as acompañe.
Ti tamén podes formar parte deste reto adoptando un quilómetro. Podes facelo a título persoal, en nome da túa familia ou da túa empresa. Cada achega, por pequena que sexa, suma e destínase integramente a ASFEGA.
Porque hai camiños que non se percorren só cos pés, senón tamén coa solidariedade.
💙 Axudemos entre todos a completar os 203 quilómetros.
ASFEGA