Fixenöeu

Fixenöeu Fixenöeu, bonecos feitos con amor En Fixenöeu, cremos na diversión, na liberdade e no amor. Cualidades que fan que a vida sexa un eterno xardín de infancia.

Así mesmo, cremos nas enerxías positivas dos produtos destinados as nosas crianzas, e o noso maior logro é facer os nosos produtos con amor e alegría pensando neles e tamén no noso neno interior. Temos moitas ideas pero tamén queremos que ti nos guíes cos teus gustos. Recorda que cada boneco é único e irrepetible e está feito completamente a man por adultas para nenas e nenos de 0 a 100 anos.

Temos moitas carteiras comecartos dispoñibles. De tanto en tanto quedamos sen elas pois son un agasallo ben xeitoso e a ...
01/06/2026

Temos moitas carteiras comecartos dispoñibles. De tanto en tanto quedamos sen elas pois son un agasallo ben xeitoso e a quen non se lle antolla unha para o día a día!
Se imos ter que gastar, fagámolo con xuízo.
Apostemos polo consumo responsable!
Bótalles un ollo en

Estes fermosos gardas do exército británico foron un agasallo dunha moza galega para unha parella de residentes de alí. ...
27/05/2026

Estes fermosos gardas do exército británico foron un agasallo dunha moza galega para unha parella de residentes de alí.
Recibimos unha simpática foto deles posando nun entroido e os bonecos son copias exactas deles. Bon, exactas estritamente non, mais si inspiradas. Agora que ámbolos bonecos están con eles ensinámosvolos por aquí para que vexades como dunha idea poden xurdir marabillosas pezas.
Os bonecos van da man cun imán invisible que os une para dar paseos a carón do Támesis.

Mil grazas polas vosas encomendas e que os desfrutedes moitísimo.

Os rinos desfrutan moito da compaña dos paxaros, e aquí, como estamos ao pé do Parque de Paxariños da cidade de Lugo, o ...
20/05/2026

Os rinos desfrutan moito da compaña dos paxaros, e aquí, como estamos ao pé do Parque de Paxariños da cidade de Lugo, o rino está máis que feliz pasando a mañá escoitando cochorras, pegas, pardais e moitas outras fermosuras voadoras que habitan o parque.

A este rino gustaríalle atopar unha familia que saia a pasear pola natureza 💚 🌳🌳🌳

Estamos moi afeitas a que nos fagades encomendas personalizadas, das que máis nos alegra coser son as que levan verdadei...
27/04/2026

Estamos moi afeitas a que nos fagades encomendas personalizadas, das que máis nos alegra coser son as que levan verdadeiras historias de amizade detrás, nas que chegan novos seres ás familias e xa estades pensando que fermosura agasallar.
Así, nunha destas, chegounos a encomenda dun fermoso canciño para Manuel. Leva o nome do seu amigo humano bordado na camisa e agardan ter moitas aventuras xuntos.
Feliz vida Manuel! E, tamén, moitas moitas grazas por pensar en Fixenöeu para as vosas benvidas.

Fermosísimo, non si?

🗞️🗞️🗞️Novos modelos de Porta bocadillos xa dispoñibles!!!!Un clásico que nunca pasa de moda en Fixenöeu e, do mesmo xeit...
06/04/2026

🗞️🗞️🗞️Novos modelos de Porta bocadillos xa dispoñibles!!!!
Un clásico que nunca pasa de moda en Fixenöeu e, do mesmo xeito, en Bico de Grao. A Bico podedes pasar a botar un ollo para escoller o que máis vos guste.
💐
Xa sabedes que os Porta bocadillos Fixenöeu tanto nos serve para transportar a merenda como para empregalo de mantel. Composto por algodón e plástico alimentario, permitiranos, á fin, prescindir de envases dun só uso para nós e as nosas crianzas.
🥪
Bulide que voan!!!

Dirección

Ronda Das Fontiñas 226 Baixo
Lugo
27002

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fixenöeu publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Fixenöeu:

Atajos

Compartir