20/08/2026
Bo día!
Veño por aquí a contarvos algo sobre un agasallo que recibimos estes días de atrás no noso posto en Mostrart . Un destes agasallos dos que deixan pegada e dun xeito ou doutro che fan voltar a revivir aquelo que fixo que hoxe esteamos aquí. Trouxéronme a caixa que vos amoso cun par de botíns de pato ( como nós lle chamamos) mercados no 1997. Un botín que ao velo, conta a historia do pé que o levou, polo tanto tamén di moito da persoa que os camiñou; a pel intacta, o zapato eterno! Hai 29 anos desta venta, e sinceramente síntome orgulloso do traballo que facemos. Grazas