09/11/2026
📢 𝘼𝙢𝙥𝙡𝙞𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙖𝙨 𝙨𝙪𝙗𝙫𝙚𝙣𝙘𝙞𝙤́𝙣𝙨 𝙙𝙖 𝘿𝙚𝙥𝙪𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙖 𝘾𝙤𝙧𝙪𝙣̃𝙖.
No Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe, 𝟭𝟬 𝙙𝙚 𝙣𝙤𝙫𝙚𝙢𝙗𝙧𝙤, publicáronse novas bases reguladoras de subvencións da Deputación da Coruña para o ano 2027, destinadas, entre outras, a clubs deportivos e entidades sen fins de lucro, así como a actividades e investimentos nos ámbitos da cooperación ao desenvolvemento e do medio ambiente.
🔗 https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin?fechaInput=10/11/2026
--------------------------------------------------------------
A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do, 𝟵 𝙙𝙚 𝙣𝙤𝙫𝙚𝙢𝙗𝙧𝙤, os extractos de 12 convocatorias de subvencións para a realización de actividades culturais e doutras iniciativas, así como para investimentos durante o ano 2027.
📌 𝘼 𝙦𝙪𝙚𝙣 𝙫𝙖𝙣 𝙙𝙞𝙧𝙞𝙭𝙞𝙙𝙖𝙨?
🎭 Entidades culturais sen ánimo de lucro, fundacións e entidades titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas.
🎶 Corais, bandas de música e entidades de música e baile tradicional galego.
🏘️ Asociacións veciñais, asociacións de mulleres e outras entidades sen ánimo de lucro.
🌱 Entidades agrarias, labregas, gandeiras e forestais, e asociacións de cazadores.
🐾 Asociacións protectoras de animais.
📅 𝙋𝙧𝙖𝙯𝙤 𝙙𝙚 𝙨𝙤𝙡𝙞𝙘𝙞𝙩𝙪𝙙𝙚𝙨: do 20 de novembro ao 18 de decembro de 2026.
💻 𝙏𝙧𝙖𝙢𝙞𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣: a través da plataforma SUBTEL da Deputación da Coruña.
🔗 𝘾𝙤𝙣𝙨𝙪𝙡𝙩𝙖 𝙖𝙨 𝙘𝙤𝙣𝙫𝙤𝙘𝙖𝙩𝙤𝙧𝙞𝙖𝙨 𝙣𝙤 𝘽𝙊𝙋: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin?fechaInput=09/11/2026