XiRo Tradicional

Cómo llegar Página web

XiRo Tradicional Do traxe ao día a día 💛
Achegamos o noso e facémolo viaxar cara adiante. Roupa · complementos · artesanía galega
↓ Descubre XiRo

🤎 Pontevedra, temos algo bonito que contarche!XiRo segue medrando… e facelo na nosa cidade fainos unha ilusión especial....
29/10/2026

🤎 Pontevedra, temos algo bonito que contarche!

XiRo segue medrando… e facelo na nosa cidade fainos unha ilusión especial. 🥹

Hoxe queremos compartir convosco unha desas pequenas grandes noticias que nos enchen o corazón: XiRo Tradicional xa ten un oco nunha tenda moi especial de Pontevedra! 🥰

Un deses lugares nos que entras e apetece quedar un anaquiño máis. Un espazo cheo de encanto, onde descubrir o talento que hai no noso país, coñecer proxectos feitos con agarimo e atopar persoas que te reciben cun sorriso e cunha atención marabillosa.

E agora, entre todo ese talento, tamén hai un pequeno anaco de XiRo. 🌿

Alí poderás descubrir as nosas coleccións, as nosas creacións artesanais que achegan a tradición galega ao noso día a día.

Porque XiRo nace do amor polo noso. E que bonito é atopar lugares e persoas que comparten esa maneira de sentir, de crear e de apostar polo que temos aquí.

📍 Atoparásnos en Amo Galicia, en Pontevedra.
📌 Rua Albóndiga, 4 - 36002 Pontevedra

Se aínda non coñeces este lugar, animámoste a achegarte. Descubre a tenda, déixate sorprender por todo o que hai nela e, xa que estás, ven coñecer o noso pequeno universo. Estamos desexando que o descubras! 🫶

💬 E ti, xa coñecías esta tenda tan bonita? Cóntanolo nos comentarios!

Grazas por facernos un oco, por recibirnos con tanto agarimo e por permitirnos formar parte deste espazo tan especial, Guille! 🤎

Seguimos medrando, paseniño e con moita ilusión, pero sen esquecer nunca de onde vimos nin por que comezamos.

XiRo nace do amor polo noso. E que bonito é atopar máis persoas coas que compartilo

23/10/2026

🛠️ O taller xa está en marcha! ❤️

Hai proxectos que empezan cunha idea, medran con moita ilusión e pouco a pouco van collendo forma…

E o noso xa está en marcha! 🥹✨

Temos moitas ganas de velo rematado, de encher este espazo de tecidos, cores, ideas e moitas horas de traballo feito con moito agarimo. Un lugar onde seguir creando, mantendo vivo o noso e dándolle formas de chegar ao día a día.

Aínda queda camiño por diante, pero que bonito é ver como algo co que soñabas comeza a facerse realidade! 💚

E agora queremos saber de vós! 👇

💬 Que é o primeiro que vos gustaría ver cando o taller estea rematado?

❤️ Se vos fai ilusión acompañarnos nesta nova etapa, deixádenos un gustame.

📲 E se coñecedes alguén a quen lle gustaría ver medrar este proxecto, compartídelle este reel. Axudádesnos moitísimo!

Grazas por estar aí, ao outro lado, formando parte de XiRo. 🫶

XiRo nace do amor polo noso. E isto tamén forma parte dese camiño. 🌿

16/10/2026

Non podemos estar sempre a tope, e tampouco pasa nada. 🤎

Ás veces toca baixar o ritmo, coller aire e dedicarlle un anaquiño de tempo a un mesmo. Volver ao que nos gusta, ao que nos fai sentir na casa, ao que nos lembra quen somos.

Porque o ADN XiRo tamén vai diso: de saber de onde vimos, de coidar o noso e de coller folgos para seguir facendo as cousas como nos gustan, sen perder a esencia polo camiño. 🌿

Que tamén hai que recargar as pilas para seguir xirando! 🔋

E ti, que fas cando necesitas volver ao 100 %?
Cóntanos! 👇

08/10/2026

Hai cousas que non se poden facer con présa. 🤎

Unha tea que se corta. Un fío que se coloca. Unha peza que vai collendo forma, pouco a pouco.

Porque cando algo está feito á man, o tempo tamén forma parte del.
E hoxe o tempo é, quizais, unha das cousas máis difíciles de regalar.

Nós cremos que aí está tamén o bonito: en facer menos, pero facelo con cariño. En deixar que as mans fagan o seu. En crear cousas que levan un anaquiño de nós.

✨ Ti tamén valoras máis algo cando sabes o tempo que hai detrás?

Cóntamo nos comentarios. Quero saber se son a única que pensa así. 🤎

Hai momentos que quedan. ❤️Onte, ao rematar a actuación de Os do Fondo da Barra na Festa do Pan de millo e Ovo, quixen p...
20/09/2026

Hai momentos que quedan. ❤️

Onte, ao rematar a actuación de Os do Fondo da Barra na Festa do Pan de millo e Ovo, quixen parar un momentiño para facer algo que me apetecía moito: ter un detalle coa A.C. Foula.

Non sabía moi ben como sería o momento nin que me dirían…
pero a verdade é que a súa reacción me emocionou moitísimo.
Ver as súas caras, o cariño co que o recibiron, as palabras que me dedicaron… fixéronme sentir moi querida, moi agradecida e moi afortunada.

Porque detrás de XiRo hai moito traballo, ilusión e moitos soños… pero tamén hai persoas que fan que todo isto teña aínda máis sentido.

Só podo dicir:
Grazas, familia.
Por tanto cariño.
Por tanto apoio.
E por facerme sentir que XiRo tamén ten un anaquiño de vós.

🌽 MAÑÁ, XIRO LEVA UN ANAQUIÑO Á FESTA  🤎Mañá estaremos na Festa do Pan de Millo e Ovo, en Tenorio, cunha pequena mostra ...
18/09/2026

🌽 MAÑÁ, XIRO LEVA UN ANAQUIÑO Á FESTA 🤎

Mañá estaremos na Festa do Pan de Millo e Ovo, en Tenorio, cunha pequena mostra do mundo XiRo dentro do posto da A.C. Foula.

Será unha presenza pequeniña, con stock moi reducido, pero con moitas ganas de que XiRo Tradicional siga chegando a máis xente, de que nos coñezades, de que poidades tocar, ver e descubrir un pouquiño do que facemos.

E se algo vos namora e queredes facervos cunha peza, poderedes facer o voso encarguiño.

Pero sobre todo… apetécenos moitísimo levar ese anaquiño de XiRo a unha festa que para nós é tan especial.

Porque a A.C. Foula é moito máis ca unha asociación. É xente coa que compartimos tradición, música, baile, traballo, risas e moitos momentos. É desa xente que acaba sendo familia. ❤️

E mañá queremos facer as dúas cousas que máis nos gustan:

levar un anaquiño de XiRo, que tanto ten detrás,
e desfrutar do noso.

Coa nosa xente, cos amigos, coa familia e vivindo a festa dende dentro.

Así que, se mañá andades pola Festa do Pan de Millo e Ovo, pasade polo posto de Foula a coñecer XiRo! 🥰

📍 Tenorio
🌽 Festa do Pan de Millo e Ovo
📅 19 de setembro

Será pequeno.
Será sinxelo.
Pero será moi noso. 🤎

12/09/2026

Grazas á Rede de Polos de Emprendemento e a Pontup Store por darnos a oportunidade de visibilizar o noso proxecto durante unhas horiñas na Praza de España de Pontevedra.

Dirección

Pontevedra
36150

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando XiRo Tradicional publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir