Olladas Centro Óptico

Olladas Centro Óptico Establecimiento miembro del grupo óptico más importante de España con más de 30 años de experiencia. Centro de óptica y optometría en Pontevedra.

Non paras de pedir que te repitan as cousas?Nas fases iniciais dunha perda de audición, o usuario non sempre se decata d...
03/09/2026

Non paras de pedir que te repitan as cousas?

Nas fases iniciais dunha perda de audición, o usuario non sempre se decata dese cambio posto que ao mellor, no seu día a día, non se atopa en situacións onde poida darse de conta ou onde lle inflúa. Por iso, hoxe queremos deixarvos uns pequenos exemplos claros de que é hora de facerse unha revisión auditiva.

Estás pedindo sempre que che repitan as cousas. Básico pero moi indicativo.

A túa audición empeora ou sínteste inseguro en reunións ou conversas grupais.

Tes que subir o volumen da radio e TV para poder entender o que din.

Precisas mirar sempre aos beizos da xente para comprender mellor o que din.

Se vos identificades con algunha destas situacións, por favor facede unha revisión auditiva. Podedes pedir cita no 639929517.

Básicos con rollazo.Sodes moitos aos que sair dos básicos cóstavos, por iso, sempre intentamos traer modeliños atemporai...
31/08/2026

Básicos con rollazo.

Sodes moitos aos que sair dos básicos cóstavos, por iso, sempre intentamos traer modeliños atemporais pero con estilo e un puntiño diferentes.

Porque sabemos que cambiar de gafa non é sinxelo e atopar algo co que verse un mesmo é imprescindible.

Facede click no enlace da bio e botádelle un ollo ás nosas coleccións. Ou mellor, pedide cita para a vosa revisión visual e vinde probalas en persoa.

Temos algo que contarche.Sintíndoo moito, se cada vez o brazo se che fai máis curto para poder enfocar de cerca, a presb...
27/08/2026

Temos algo que contarche.

Sintíndoo moito, se cada vez o brazo se che fai máis curto para poder enfocar de cerca, a presbicia está asomando pola esquina.

Afortunadamente, temos múltiples solucións para que volvas traer o brazo ao sitio.

Para comezar, as gafas de cerca, unha solución básica e eficaz que é perfecta para os que notan molestias en cerca e non precisan nada de lonxe.

As gafas progresivas. Son a mellor opción para os que levan xa graduación de lonxe e agora precisan algo diferente para cerca. Con esta solución, evitámonos antar con dúas gafas.

Lentillas progresivas. Son a opción para aqueles usuarios de lentillas que se negan a abandonalas. Non dan tan bos resultados como as gafas progresivas para tarefas de moito detalle pero podemos conseguir resultados bastante óptimos cunha boa adaptación.

Como expertas en lentes progresivas, sabemos que dar o paso non é sinxelo e debemos atopar o momento perfecto para facelo. Pedide cita para unha revisión visual completo e buscaremos o método máis axeitado para o voso caso.

Comezar na oficina con alegría.A volta das vacacións non sempre é sinxela, por iso propoñemos facelo cun cambio de look ...
24/08/2026

Comezar na oficina con alegría.

A volta das vacacións non sempre é sinxela, por iso propoñemos facelo cun cambio de look a tope de cor.

Porque mirarnos ao espello e ver cores que nos favorecen antes de marchar á oficina sempre nos sube o ánimo e fai que afrontemos o día doutro xeito.

Facede click no enlace da bio e botádelle un ollo á colección de Xavier García porque está cargadiña de cores. Vinde buscar o voso lookazo ao noso centro Pintor Laxeiro, 4!

Comeza o curso sen gafas nin lentillas.Sabes que existen unhas lentillas que corrixen a miopía mentres durmes e de día x...
20/08/2026

Comeza o curso sen gafas nin lentillas.

Sabes que existen unhas lentillas que corrixen a miopía mentres durmes e de día xa non precisas levar nada? Pois se non as coñeces xa cho contamos nós.

A Ortoqueratoloxía é unha técnica coa que, grazas a unhas lentillas personalizadas, correximos a miopía e o astigmatismo durante as horas de sono para poder ver durante o día sen ningún tipo de corrección visual.

E iso non é o mellor de todo, senon que é un dos métodos máis eficaces no control de miopía, ralentizando o seu avance e estabilizando a graduación.

Está indicado en usuarios de lentillas brandas que comecen a presentar sequedade, así coma en deportistas e opositores.

Fai click no enlace da bio para saber máis e pide cita para saber se eres candidato a esta técnica.

Aínda queda verán. Sí xa sabemos que "pasada a Peregrina, o inverno enriba" pero nós pensamos que todavía nos quedan alg...
17/08/2026

Aínda queda verán.

Sí xa sabemos que "pasada a Peregrina, o inverno enriba" pero nós pensamos que todavía nos quedan algunhas cervexiñas que desfrutar ao sol nalgunha das nosas terrazas favoritas.

E a ese plan non lle poden faltar unhas boas gafas de sol que protexan os nosos ollos pero que ademáis ensalcen o noso look.

Vinde ver a colección de sol de Kappa porque non só son bonitas, senón que ademáis levan lentes polarizadas, o que as fai comodísimas visualmente.

Tamén podedes botarlle un ollo á colección facendo click no enlace da bio e aproveitar para pedir cita para unha revisión visual. A nosa oferta en sol graduado remata este mes así que bulide!

Agora sí que sí.O verán é un momento perfecto para revisar a visión dos máis cativos. O seu sistema visual atópase desca...
13/08/2026

Agora sí que sí.

O verán é un momento perfecto para revisar a visión dos máis cativos.

O seu sistema visual atópase descansado e non está sometido ás longas xornadas de estudo nin pantallas que predominan durante o curso.

Por iso, estos meses son o momento perfecto nos que evaluar a súa visión. Porque podemos ver como funciona o seu sistema visual en estado de reposo, sen o estrés funcional do curso.

Pedide cita para unha revisión visual completa no 639929517 e poñede a punto a visión dos máis novos antes da volta ao cole.

Porque ser home non está rifado con levar cores.Unha das cousas que nos da máis rabia é ver coleccións que para home non...
10/08/2026

Porque ser home non está rifado con levar cores.

Unha das cousas que nos da máis rabia é ver coleccións que para home non se saen do negro, gris ou azul.

Para todos as mesmas formas e as mesmas cores apagadas e serias. Co que nos gusta a nós poñerlles algo de cor aos nosos chicos!

Por iso nos gustou a colección masculina de Outspoken, porque ven cheíña de cores para eles.

Vinde botarlle un ollo ao noso centro de Pontevedra porque está VOANDO a nova colección.

09/08/2026

La óptica de la rúa Pintor Laxeiro ha sabido adaptarse a los cambios del sector durante 39 años sin renunciar al trato cercano que la convirtió en un referen...

Ollo co eclipse. Estamos a menos dunha semana do acontecemento astronómico do ano e queremos advertir dos riscos de mira...
06/08/2026

Ollo co eclipse.

Estamos a menos dunha semana do acontecemento astronómico do ano e queremos advertir dos riscos de mirar o eclipse sen a protección axeitada.

Mirar directamente ao sol de forma prolongada pode provocar danos severos na nosa retina e, incluso, a perda total de visión, coñecida como retinopatía solar. Parte do problema é a ausencia de inervación sensitiva da retina, é dicir, como non temos sensación de dor non nos damos conta do dano visual ata que xa é demasiado tarde.

Por iso, é importantísimo utilizar gafas de protección específica, asegurándonos da súa homologación e da súa integridade. Tamén é importante non mirar directamente o eclipse durante máis de 30 segundos consecutivos, aínda que teñamos as gafas postas.

Lembrade que NUNCA NUNCA NUNCA debemos mirar o eclipse a través de gafas de sol, cámaras de foto ou vídeo, radiografías, CDs, etc. E, por favor, precaución sempre cos rapaces.

Imos vivir un acontecemento único, pero está nas nosas mans facelo con precaución.

Vinde polas vosas gafas homologadas antes de que se esgoten!

Dirección

Rúa Pintor Laxeiro, 4
Pontevedra
36004

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Martes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Miércoles 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Jueves 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 14:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

+34986852491

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Olladas Centro Óptico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Olladas Centro Óptico:

Atajos

Compartir

Categoría