02/09/2026
🗿 Contra o desencantamento do mundo, esta programación de Rupestre Sonoro.
☄️ Ao longo de setembro, embarcarémonos nunha exploración de varias Pedras que Falan, diseminadas ao longo da provincia da Coruña. Tras a conversa inaugural do xoves 10 en Compostela, viaxaremos a 4 enclaves, deixándonos guiar en 4 roteiros rupestres, con 4 intervencións artísticas creadas para a ocasión. Seguimos a ensaiar outra relación co mundo rupestre que habitamos a través de prácticas pequenas, situadas e atentas.
Son artífices e cómplices nestas travesías asociacións, profesionais e artistas coma o Colectivo A Rula, Xabier Maceiras, Clube Espeleolóxico Maúxo, Asociación Cultural Pedra Faladora, David Bellas. Músico Galego, Quico Cadaval, Xurxo Souto (Laura Rabizal), Xoán-Xil López, Alba Cid, roteiros.es etc.
Todas as actividades son de balde. Info detallada (e inscricións para o bus do 13 de setembro en Mañón) na web www.folque.com
Aquí as datas:
📌 12 set. Loureda-Arteixo. Con Xabier Maceiras e Xurxo Souto.
📌 13 set. Mañón. Con Magdalena Fdez. Rubido e David Bellas.
📌 19 set. Luou-Teo. Co Colectivo A Rula, Asociación Cultural, Alba Cid e Xoán-Xil López.
📌 27 set. Monzo-Trazo. Co Clube Espeleolóxico Maúxo e Quico Cadaval (Francisco Cadaval Quico Cadaval)
“Rupestre Sonoro. A Pedra que Fala” recibiu un dos premios a Proxectos Culturais Singulares para a Mellora Social 2026 da Deputación da Coruña.
Co apoio de Cultura da Deputación da Coruña
Coa colaboración do concello de Mañón (Omix Mañón)
✨ Na primeira imaxe, devólvennos a mirada Miguel Torga e Andrée Crabbé, na proa dun penedo. Na terceira, uns versos de Emilio Araúxo.
📷 Imaxes e texto: Alba Cid