18/08/2026
✨ EU SON NOITE MEIGA · 2026 ✨
Este luns 17 damos o pistoletazo de saída a Eu Son Noite Meiga, unha iniciativa na que comercios e locais de hostalaría de Sarria se suman á nosa festa. ✨
👉 Como podes participar?
📦 Busca as Caixiñas dos Desexos nos establecementos participantes e deixa nelas o teu desexo.Formarán parte da nosa Danza da Noite Meiga. 🔥
🛍️ Mercar no comercio local ten premio.Por cada compra nos establecementos participantes recibirás unha Tarxeta Mágica. Xunta 3 selos de 3 locais diferentes e poderás trocala por unha Saca dos Trasgos no Lar Social durante os días indicados.
🍽️ Se saes de petiscos ou a cear, atenta ás mesas da hostalaría participante: tamén estarán decoradas para a ocasión. ✨
💎 E, por suposto, as pulseiras oficiais da Noite Meiga tamén estarán agardándote.