20/10/2026
Hoxe arrinca a campaña de descontos MercaNaVila, impulsada pola Federación Galega de Comercio e a Deputación para impulsar o comercio de proximidade nas vilas pequenas.
📍O bono ten un importe de 100€.
🔶 Pode usarse en compras a partir de 20 €
↗️ O prazo é desde hoxe ata o 20 de novembro ou ata esgotar fondos.
📌 Este ano aumentaron os descontos aplicables en cada tramo, co que hai máis aforro en cada compra
♦️É compatible cos medios de pago habituais e con prendas en desconto ou promoción.
🛍️ Calquera dúbida, escribídenos por privado ou achegádevos á tenda.