02/09/2026
🧵 Fórmate hoxe para traballar nun sector téxtil máis seguro, preparado e competitivo.
Desde COINTEGA – Clúster Textil Moda impulsamos novos cursos online gratuítos, dirixidos a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas, centrados na prevención, a seguridade e o benestar laboral dentro da industria téxtil.
Podes escoller entre:
Xa está dispoñible unha nova oferta formativa dirixida ás persoas profesionais do sector téxtil.
👉 Descubre cursos prácticos para actualizar os teus coñecementos en prevención, seguridade e saúde laboral, igualdade e teletraballo.
Coñece os cursos:
▪️Sistema de xestión avanzado da seguridade e saúde laboral na industria téxtil
▪️Prevención dos factores psicosociais nas contornas produtivas téxtiles
▪️Sensibilización, prevención e manexo de situacións de violencia e acoso na contorna laboral do sector téxtil
▪️Traballo a distancia no sector téxtil: xestión e seguridade
💻 100 % online
🎓 Formación gratuíta
📜 Diploma acreditativo expedido pola Xunta de Galicia
Porque avanzar como sector tamén significa investir nas persoas, na prevención e nunha forma de traballar cada vez máis segura e responsable.
🔗 Consulta toda a información e escolle o teu curso: https://metodoformacion.com/lp/prl_sector_textil-210?utm_source=newsletter&utm_medium=mailjet&utm_campaign=PRL_Cointega&utm_content=xenerica
As prazas son limitadas. Inscríbete e segue facendo crecer o teu futuro profesional no sector téxtil.