Acontravento Galiza

Acontravento Galiza Roupa ao noso xeito!

Rosario Hernández Diéguez, coñecida como A Calesa, naceu en Vigo en 1916. De ideias socialistas, estivo moi vinculada ao...
03/09/2026

Rosario Hernández Diéguez, coñecida como A Calesa, naceu en Vigo en 1916. De ideias socialistas, estivo moi vinculada ao movemento obreiro da cidade nuns anos de moita efervenscencia política. Traballou principalmente como vendedora de xornais na rúa Príncipe.

Tras o golpe de Estado de xullo de 1936 viuse obrigada a fuxir. O 3 de setembro foi detida por falanxistas, sendo torturada e asasinada con tan só 20 anos; o seu corpo foi fondeado na ría de Vigo, preto das illas Cíes.

Durante décadas, historias coma a súa quedaron afastadas da memoria pública. Hoxe unha rúa de Vigo leva o seu nome, lembrando a unha das moitas mulleres que pagaron coa vida a defensa da liberdade e da xustiza social.

31/08/2026

E así van pasando os veráns na nosa terra... 😬😎

No video:

💚 Garrafa de licor de hervas Por Elas, de Quinteirodoce con ilustración de Abi Castillo

☕ Cunca Só o Pobo Salva o Pobo, de Acontravento Galiza

👕 Camisola Fodechinchos Go Home, de Acontravento

Para os que din que o castelán nunca foi unha lingua de imposición, deixámosvos un dos moitos exemplos de como esta ling...
23/08/2026

Para os que din que o castelán nunca foi unha lingua de imposición, deixámosvos un dos moitos exemplos de como esta lingua se «divulgou» na nosa terra.

O escritor Carlos Casares entrou a estudar no Seminario Menor de Ourense no ano 1952, a idade de 11 anos. Alí sufriu sufriu unha forte represión lingüística por usar o galego, como el mesmo describe na imaxe da publicación.

A cita está sacada da entrevista realizada por Victor Freixanes a Carlos Casares no libro “Unha ducia de galegos” (1976).

O racismo, a homofobia, o machismo ou calquera outra forma de discriminación non son simples "opinións": son discursos q...
20/08/2026

O racismo, a homofobia, o machismo ou calquera outra forma de discriminación non son simples "opinións": son discursos que sinalan, exclúen e fan sufrir a outras persoas.

Podemos pensar diferente, debater e discrepar, pero unha opinión deixa de ser respectable cando atenta contra a dignidade, a liberdade ou os dereitos doutras persoas. Unha liña vermella que nunca deberíamos cruzar.

Sorrir, desfrutar da vida e non perder nunca o bo humor 😃😄Pero sen esquecernos de denunciar sempre ao estado xenocida de...
18/08/2026

Sorrir, desfrutar da vida e non perder nunca o bo humor 😃😄

Pero sen esquecernos de denunciar sempre ao estado xenocida de Israel 🇵🇸✊🏻

E de paso, aproveitamos para ensinarvos un dos nosos polos, perfectos para esta época do ano. Dispoñibles en 👇🏻
https://acontravento.gal/categoria-producto/polos/

Nun día coma hoxe, o 17 de agosto de 1936, era fusilado en Poio o político galeguista Alexandre Bóveda.Figura fundamenta...
17/08/2026

Nun día coma hoxe, o 17 de agosto de 1936, era fusilado en Poio o político galeguista Alexandre Bóveda.

Figura fundamental do galeguismo político, Bóveda foi un dos principais impulsores do Partido Galeguista e desempeñou un papel decisivo na elaboración e defensa do Estatuto de Autonomía de Galiza de 1936.

Un home traballador e honrado que dedicou a súa vida ao servizo do seu país sen facer mal a ninguén. Foi inxustamente condenado e asasinado por aqueles que, sen escrúpulos, empregaron a violencia para acabar con quen pensaba e defendía unha Galiza diferente.

Na súa memoria e na de todos os caídos a mans do fascismo no noso país celébrase cada 17 de agosto o Día da Galiza Mártir.

Na imaxe podemos ler unhas verbas pronunciadas por Alexandre Bóveda durante o xuízo sumarísimo no que foi condenado a morte, mostrando o seu compromiso inquebrantable coa nosa terra 🤍🩵🤍✊

14/08/2026

"Galicia calidade" 😜🤪

🎥 Fodechinchos Go Home, segunda tempada, capítulo final 😬

Unha produción de Espectaculos Valente , Sport Coeco e Acontravento ✨✨✨

Nun día coma hoxe, o 12 de agosto de 1975, Moncho Reboiras era asasinado pola policía franquista en Ferrol con tan só 25...
12/08/2026

Nun día coma hoxe, o 12 de agosto de 1975, Moncho Reboiras era asasinado pola policía franquista en Ferrol con tan só 25 anos.

Ás 2 da madrugada, varios efectivos da Brigada Político-Social acordoaron o edificio no que se atopaba xunto con dous compañeiros da UPG, no barrio de Canido. Os seus dous compañeiros lograron fuxir, pero Moncho foi alcanzado no portal número 27 da rúa Terra, onde recibiu múltiples disparos que acabaron coa súa vida.

Nun tempo no que moita xente prefería formar parte do réxime ou calar, Moncho foi un exemplo de valentía e coraxe fronte á ditadura.

Hoxe lembramos e reivindicamos o seu legado de loita pola xustiza social e pola soberanía do noso país 🤍🩵🤍✊🏻

Dirección

Vigo

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Acontravento Galiza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría