29/04/2025
Esas casualidades da vida, que coñeces a unha persoa, e que en media hora decides colaborar con ela, son as que me fan crer na boa enerxía e conexión… con foi moi fácil porque penso que houbo esa boa conexión dende o primeiro momento e así, case de súpeto, decidimos que eu lle faría algunha prenda reivindicativa, como o é ela,e que ela a luciría nos premios de teatro María Casares.
ELA tiña claro que quería lucir a kufiya, o tan característico pano Palestino.
E creamos o corpiño Palestina, que por un lado respeta o pano, con delicados drapeados, amosando ó máximo esplendor e beleza do tecido e polo outro, a través dos drapeados desestructurados, deixando incluso amosar a parte interior do corpiño, a situación tan difícil e destructiva da guerra que están a vivir.
Moda, arte e solidaridade 💙